Detido por lanzar una botella de gasolina nun bar tras unha discusión

 

   Un mozo de 33 anos foi detido esta madrugada no municipio ourensano de Baltar por lanzar un cóctel molotov e disparar cunha escopeta de balotes contra un bar tras unha discusión co dono do local polo pagamento das consumicións.

Diso informaron a Europa Press fontes de Protección Civil e a Garda Civil, que concretaron que a detención de J.G.C. polos supostos delitos de danos e ameazas tivo lugar ás 3,00 horas.

Segundo o relato dos asistentes, o enfrontamento comezou cando o dono do establecemento pediu ao cliente que aboase as súas consumicións. Isto motivou o enfado do agora detido, que saíu do local e volveu para lanzar unha botella de gasolina a xeito de cóctel molotov contra o mobiliario da terraza. De feito, os Bombeiros tiveron que acudir para sufocar as lapas.

Vista esta reacción, o propietario baixou a persiana e chamou a emerxencias, ante o cal J.G.C. efectuou varios disparos cunha escopeta de aire comprimido. A porta anexa á terraza e a ventá dunha casa veciña atópanse entre os danos materiais que ocasionou.

O detido atópase actualmente en dependencias da Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) á espera de que sexa requirido para presentarse ante a autoridade xudicial.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar