As miñas lembranzas de Darío

Por estas cousas do verán, no que un anda afastado de cotidianidade, entereime con fondo pesar, logo de que pasara, do pasamento do doutor Darío Álvarez Gándara. Esta pena me deixa o consolo da reconfortante lembranza das derradeiras ocasións nas que disfrutei da súa presenza, nas xuntanzas de amigos que organizaba Ana Míguez na súa casa de Baiona.

Nada queda que engadir logo do fermoso artigo que lleadicou o seu irmán Alfonso, mesmo que eu modestamente queira recuperar as miñas lembranzas de quen, con toda propidade, por riba de médico era, esencialmente, un intelectual e unha persona entrañable. O que non dixo Alfonso e eu quero aportarera que Darío como o seupai, era un gran relator, un gran contador de historias. Paséi moitas horas o seu carón escoitando as súas experiencias vitais en Venezuela e en Galicia.

Moitas veces escoitando a Darío fillo pensaba estar con Darío pai. Pasei moitas noites na casa familiar de Coruxo xunto o doutor Darío Álvarez Blázquez, documentándome sobre o proceso de guerra contra o avó Darío Álvares Limeses e o resto dos republicanos fusilados pola súa lealtade a República en Tui en novembro de 1936. Por certo, que fun procesado por a reportaxe sobre este episodio, publicada en “Hoja del Lunes” de Vigo e en “Sábado Gráfico” por un tribunal presidido polo pai do actual presidente do Goberno, tamén de nombre Mariano Rajoy, mesmo que tiven a sorte de ser absolto, en primeira instancia e polo Supremo. Este feito sempre fixo que me sentirá especialmente próximo a calidade humana a intelectual do conxunto da familia e o seu compromiso coa libertade e Galicia. Por certo que no lugar máis querido da miña casa colgó a litografía, cunha emocionante adicatoria, con que os irmáns Álvarez Blázquez me agasallaron “por defende-la memoria do noso pai”. Mais esa é outra historia.

Quixera recordar que Darío Álvarez Gándara era sobre todo un médico humanista, dos de antes, como o seu pai, para nós entender. Un bo exemplo é que mesmo que tiña unha modesta consulta privada, me consta que boa parte dos seus clientes –o osei porque eles mesmos mo contaron- non lles cobraba ou atendia xenerosamente.

Darío era enormemente atractivo para todo o mundo, a sua faciana, o seu sorriso permanente, o seo falar pausado, a súa cultura e vivencias facian dél un sempre grato contertulio. Non sei si Alfonso se lembrará de que dicía do seu irmán que era “moi quedón”, esto é que non pasaba desapercida a súa presenza en calquer xuntanza formal ou non é que era especialmente apreciada polas damas e envexada polos cabaleiros.

Nos queda o consolo de saber que fumos amigos dun home excelente, lembralo nos escritos, e conservar e trasmitirlle os seus fillos e familia o agarimo que lle tivemos ó que él de xeito tan xeneroso amosaba a todos os que o trataron e coñeceron.

Como dicían os romanos do meu Lugo natal: “Que a terra lle sexa livián.”

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar