Caballero presentará un «proxecto firme» de reforma de Balaídos

Estadio Balaidos_Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este venres que está a traballar «a fondo» co arquitecto municipal para elaborar un proxecto «firme» sobre a parte da reforma de Balaídos na que participaría Zona Franca, xa que detecta «pouca receptividade» por parte deste organismo.

A preguntas dos medios, o rexedor olívico sinalou que, aínda que inicialmente lle ía formular á delegada do Estado en Zona Franca unha «idea» da actuación, preferiu preparar un proxecto «substancial», que lle presentará a Teresa Pedrosa en poucos días.

«Empezo a intuír pouca receptividade», sinalou, e afirmou que, aínda que o organismo estatal expresou que estudaría un proxecto e trataría de «atender» á petición de participar na reforma do estadio, ten «certa sensación de que non é así».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar