Melloras na Vía da Prata do Camiño de Santiago

Nava Castro_Via da Prata_1

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe na Estrada as obras que está a realizar Turismo de Galicia na Vía da Prata e nas que se investiron preto de 142.000 euros nos concellos de Dozón, Lalín, Silleda e a propia A Estrada.

Na súa estadía no concello da Estrada, Nava Castro referiuse aos esforzos que realiza a Xunta de Galicia para conservar e protexer as distintas rutas xacobeas, realizando “labores de mantemento, medidas correctoras e acondicionamento dos tramos do Camiño”.

Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, “o obxectivo é facer un camiño transitable coa corrección das incidencias producidas principalmente pola acción da auga e do uso dos camiños de maquinaria pesada”.

237 MIL PEREGRINOS

No pasado ano recolleron a Compostela 237.886 peregrinos, un 10,19% máis que no ano anterior. Deses peregrinos escolleron a Vía da Prata preto de 8.500, o que situou este camiño na quinta ruta máis transitada segundo os rexistros da oficina de acollida ao peregrino.

Nava Castro_Via da Prata_2

 

No que vai de ano xa percorreron o Camiño de Santiago 166.272 peregrinos, un 11% mais que no mesmo período do pasado ano. A Vía da Prata foi elixida por 6.466 peregrinos neste ano, o que supuxo un aumento do 6,38%.

Así mesmo, entre xaneiro e xullo, os albergues públicos da Vía da Prata en Galicia rexistraron 12.588 pernoitas. A Vía da Prata, con doce albergues, é o trazado cun maior número de establecementos integrados na Rede Pública da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo despois do Francés. En total, os 12 albergues suman 396 prazas das que 66 están nos concellos de Silleda e Lalín.

DATOS DE PONTEVEDRA

Tanto a Vía da Prata como o Camiño Portugués son dúas alternativas para coñecer en profundidade a provincia de Pontevedra, que no acumulado do ano ata xuño rexistrou 426.195 viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros desta provincia, o que supuxo un aumento do 10,6% en relación ao mesmo período do pasado ano.

Neste primeiro semestre, estes establecementos hoteleiros acumulan 878.162 pernoitas, un 8,9% mais, polo que a ocupación incrementouse en 2,62 puntos porcentuais. Ademais a provincia de Pontevedra rexistrou un incremento de todos os segmentos de mercado tanto no relativo aos viaxeiros como as pernoitas. Neste senso, destaca o aumento do mercado interno que incremento tan en viaxeiros como en pernoitas nun 13,7%.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar