A Casa-Museo Rosalía acolle hoxe o primeiro concerto de «O Val das Mouras»

Grupo catalán O Val das Mouras na Casa Museo de Rosalía de Castro

 A Casa-Museo Rosalía de Castro acolle hoxe de agosto o primeiro concerto da xira galega de O Val das Mouras, o grupo catalán que vén de publicar o seu primeiro disco, titulado ‘Rosalía’.

O Val das Mouras é unha formación celta-folc catalana que basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro, concretamente no seu libro ‘Follas novas’. A banda, que comparte nome cun lexendario bosque galego, convídanos a iniciar unha viaxe atrás nos tempos cara a un lugar afastado a través de profundas melodías e harmonizando os versos que van retratar á muller galega, aos emigrantes, aos mariñeiros e aos vilegos…

‘Rosalía’ é o seu primeiro disco. Once cancións que se afunden na terra como raíces, que destilan chuvia e mar, que bailan ao son das campás lonxanas azoutadas polo nordés. Once pedras centenarias, once murmullos, once olladas sinceras. 

O concerto de Padrón é o primeiro da súa xira. Logo tocarán o xoves 20 en Santiago de Compostela (Gentalha do Pichel), o venres 21 na Coruña (A Cova Céltica), o bado 22 en Arteixo (Centro Multiúsos de Armentón) e o domingo 23 en Quiroga (Lugo, na Igrexa do Hospital). 

A banda de Hospitalet de Llobregat son: Laura Lorenzo (voz), Joana Marcè (frauta),  David Fernández (guitarra), Àlex Rodríguez (violoncelo) e Carles Mesa (percusión).

Podése escoitar no Spotify aquí: https://open.spotify.com/artist/70aScvdPb52r4YDFR4rg6V

Máis información e vídeos: 

https://www.youtube.com/watch?v=Riz27YVtJik

www.ovaldasmouras.com

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar