Reavívase un lume forestal no concello ourensán de Coles

O incendio que se iniciou pasadas as 19:00 horas da tarde de onte nunha fábrica de madeiras situada no lugar de Ribela, no municipio de Coles, e que quedara extinguido reavivouse esta madrugada, polo que, os servizos de emerxencia continúan –a esta hora- nas tarefas de extinción.
Foi un particular quen alertou ao CAE 112 Galicia do suceso. A partir de aí, púxose en marcha un operativo no que participaron os Bombeiros de Ourense e de San Cibrao, efectivos do GES de Pereiro de Aguiar e de Protección Civil de Coles.
Á última hora da noite, os servizos de emerxencia confirmaron a extinción do incendio que, por causas descoñecidas, arrasara un silo de serraduras. Ademais, indicaron que despois de baleirar o silo, procedeuse a arrefriar e que persoal da fábrica vixiaría durante toda a noite, ante o temor de que se reavivara o lume. Foi entonces, case ás 5:00 horas desta madrugada, cando o persoal da empresa chamou ao CAE 112 Galicia para indicar que o lume se reproducira.
De seguido, alertouse de novo aos Bombeiros de San Cibrao e aos membros do GES de Pereiro que unha vez no lugar, confirmaron que debido á madeira que había acumulada e que quedara sen retirar, as lapas se reproduxeran. O 112 Galicia tamén solicitou a colaboración da Garda Civil e informou ao servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar