O PP de Ourense constitúe o primeiro comité de campaña de España para las eleccións xerais

PPOU Partido Popular de Ourense_Baltar_Rosendo_comité de campaña

O Partido Popular de Ourense ven de constituir o primeiro Comité de Campaña de España de cara ás vindeiras Eleccións Xerais, pendentes aínda de data para a súa celebración.A sede do PPOU acolleu a reunión constitutiva deste equipo de traballo, encargado de deseñar a próxima campaña electoral dos populares e de planificar e organizar a súa execución.

Tal e como recalcou o presidente provincial, Manuel Baltar, durante a reunión cos integrantes do Comité de Campaña, “o PPOU traballa coa mesma intensidade, haxa ou non haxa eleccións á vista, de aí que podamos estar, como de feito estamos, perfectamente organizados para constituir formalmente o primeiro Comité de Campaña de España para as vindeiras Eleccións Xerais”.

Manuel Baltar incidiu tamén en que o PP de Ourense “é unha forza política que ten o seu maior activo nas persoas que a conforman, algo que queda reflexado na composición do Comité de Campaña”.

COMITÉ DE CAMPAÑA

A composición do Comité de Campaña para as Eleccións Xerais 2015 é a seguinte:

Responsable político: José Manuel Baltar Blanco

Coordinador de campaña: Rosendo Luis Fernández Fernández

Coordinador de organización: Jorge Pumar Tesouro

Xerente de campaña, responsable de publicidade, medios e publicidade exterior: Luis Manuel Vergara Gómez

Responsables do Programa Electoral e Argumentos: Cristina Isabel Romero Fernández, César Manuel Fernández Gil, Moisés Blanco Paradelo, Ana María Villarino Pardo

Responsable de Formación: César Blanco Gómez

Responsable de Interventores y Apoderados: María Feliciana Dacoba Pérez

Responsable de Mailing: Montserrat Lama Novoa

Responsable de Transparencia: Mónica Mourelo Pérez

Responsable de Asesoría Jurídica: Carmen Carballo Fernández

Responsable de Prensa: Lorena Crespo Martín

Responsable de Actos Públicos: Pablo Pérez Pérez

Responsable de Actos Sectoriales: Miguel Ángel Santalices Vieira

Responsable Campaña Dirigentes Nacionales: Celso Luis Delgado Arce

Responsable Voto por Correo: Ana Belén Vázquez Blanco

Responsable Voto CERA y Voto Exterior en España: Antonio Rodríguez Miranda

Responsable de NNXX: Jackeline E. Fernández Macías

Responsable de Movilización Electoral: María del Carmen Leyte Coello, Argimiro Marnotes Fernández, Avelino García Ferradal

Responsables de Novas Tecnoloxías e Redes Sociais: Patricia Domínguez Barja e Lorena Crespo Martín

Responsable Ourense Cidade: Jesús Vázquez Abad

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar