Euskaltel agarda pechar a fín de ano a compra de R por 600 millóns

Euskaltel espera pechar a finais de ano a compra de R Cable, pola que pagará 600 millóns de euros en metálico e o resto, ata 1.155 millóns de euros (dos que 303 millóns son débeda) en que se valorou R, en accións de nova emisión. Tras a compra, a compañía pasará a atender unha clientela potencial de cinco millóns de persoas.

Desta forma, os accionistas de R, o fondo de investimento CVC e o banco galego Abanca, pasarán a ter o 17% do capital de Euskaltel. Ademais, deberán manter as súas accións un mínimo de 180 días dende que se materialice a operación.

Euskaltel incrementou o seu resultado bruto de explotación (Ebitda) un 4,3% no primeiro semestre con relación ao mesmo período do pasado ano e os ingresos creceron un 1,4% ata xuño, segundo a presentación que o director xeral da empresa vasca, Fernando Ojeda, realizou ante os investidores e analistas financeiros para informar sobre a operación de integración de operadora de cable galega R.

Euskaltel dará a coñecer os datos definitivos do primeiro semestre o próximo 31 de agosto. Non obstante, na presentación deste martes explicouse que os ingresos por clientes residenciais creceu un 3,3% ata xuño. Pasouse dunha suba do 1,4% en xaneiro, ao 6,25% en xuño.

Os ingresos por clientes de negocio baixaron no primeiro semestre un 2,7%. Non obstante, a evolución neste sector dende o inicio do ano foi evolucionando en positivo, cun descenso do 7,9% en xaneiro e cifras en negativo ata abril, mentres en maio e xuño o incremento foi do 0,1% en ambos os dous meses.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar