Tres feridos nun accidente en Mos

Dous turismos colidiron esta tarde na Rúa Pena de Francia en Mos. Como consecuencia do impacto, tres persoas tiveron que ser atendidas polos servizos sanitarios de urxencia. Ademais, os vehículos quedaron atravesados na vía, o que impediu a circulación por esa zona. Ás 13:40 horas de hoxe, un particular chamou ó 112 Galicia para pedir axuda.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e Servizo de Emerxencias de Mos.

CICLISTA INCONSCIENTE EN AMES

Por outra banda, en Ames, no lugar de Aldea Nova, un ciclista quedou inconsciente tras bater contra unha árbore. O accidente se produciu ás 17:40 horas de hoxe e ata o lugar se desprazaron o GES de Brión, Urxencias Médicas e a Policía Local. O ciclista foi trasladado ó centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar