Envorca un camión en Cerceda

 
Un camión que circulaba pola AC-400, entre Cerceda e Silva, se saíu da vía e envorcou. O impacto sorprendeu ós veciños da zona, que chegaron a pensar que o condutor estaba atrapado no interior da cabina. Así, o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Ordes e membros de Protección Civil de Cerceda, que confirmaron que o ferido estaba liberado e accesible. Iso si, foi evacuado por unha ambulancia de Urxencias Médicas ó centro médico de referencia.
Unha vez no lugar do accidente, os efectivos do parque comarcal consideraron necesaria a limpeza da vía, posto que o camión ía cargado de material de construción. Así pois, dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia se avisou ó servizo de limpeza e mantemento da Consellería do Territorio.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar