Abanca e Master Cadena reforzan a sua colaboración para facilitar crédito aos comercios

 Sinatura convenio Abanca_Master Cadena

Abanca e Master Cadena veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o crédito aos comercios asociados á cadea e a clientes.

O director financeiro de Master Electrodomésticos del Noroeste, S.A., Rafael Teniente Juncal, e o director da oficina de empresas de ABANCA en Vigo, Fernando Varela Martínez, rubricaron hoxe un acordo que permite ampliar a oferta de aprazamento de pagos dos clientes e que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido comercial local.

O documento asinado ofrece condicións particulares na oferta xeral de ABANCA e produtos especificamente deseñados para os comercios asociados de Master Cadena. Unha mostra son as póliza de crédito de pagos centralizados ou os avais. Ademais, a entidade financeira e a cadea comercial tamén pactaron unha oferta mellorada para a instalación de Terminais Punto de Venda (TPV) para o cobro a través das tarxetas.

Ademais, para facilitar a competitividade, os establecementos poderán acceder ao novo servizo de financiamento instantáneo no punto de venta de Abanca, chamado «aplazos». Deste xeito, permítese simplificar e axilizar o acceso ao crédito de produtos e servizos sen saír de Master Cadena aos clientes da entidade financeira.

Os asociados a Master Cadena tamén se beneficiarán das vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.

Master Cadena conta con máis de 90 tendas asociadas nas principais cidades e vilas de Galicia, que xeran máis de 300 postos de traballo directos. A cadea comercial é unha das máis importantes da comunidade e conta cunha ampla oferta de electrodomésticos e produtos tecnolóxicos. Abanca conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar