El Nobel de Química Richard Schrock, en Santiago

O conselleiro de Cultura, Educaci—n e Ordenaci—n Universitaria, Rom‡n Rodr’guez, participar‡ no acto co premio Nobel Richard  Schork

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na recepción ao premio

, un referente mundial do eido da investigación molecular. O investigador participa hoxe na xornada “Conversas cun premio Nobel”, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela, e que se celebra no edificio Ciqus.

O conselleiro subliñou que encontros coma este, no que o alumnado ten a oportunidade de dialogar e debater de xeito directo con persoeiros da envergadura de Schorck, incentivan o espírito investigador entre a comunidade educativa.

Román Rodríguez aproveitou para poñer en valor o labor do seu departamento en colaboración coas tres universidades galegas no eido da investigación, unha liña pola que se seguirá apostando nos próximos anos para que os mellores talentos investigadores queden en Galicia. Un compromiso que -segundo o conselleiro- se reflicte en actuacións específicas coma os 1,2 millóns de euros en axudas complementarias para investigadores beneficiarios dos programas Starting, Consolidator e Advanced Grants.

 

AMPLA TRAXECTORIA PROFESIONAL
O profesor Schrock, que traballa no prestixioso Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, ten ás súas costas unha ampla traxectoria profesional que desenvolveu en centros de elite desde a realización da súa tese na Universidade de Harvard ao postdoutoramento na de Cambridge.

O seu traballo de achado dun novo xeito de unir fragmentos moleculares para obter de modo máis rápido e menos contaminante produtos sintéticos como perfumes, plásticos, fibras e, sobre todo, fármacos, valeulle a concesión, en 2005, do premio Nobel en Química.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar