A Escola de Verán «Miguel Ángel Blanco» analiza a erradicación da violencia de xénero

 Baltar_Santalices_Jesús Vázquez_Escola de Verán Miguel Ángel Blanco_O Carballiño

A quinta edición da Escola de Verán «Miguel Ángel Blanco» comezou esta tarde baixo o lema «Pola igualdade real». Este foro de debate e análise da actualidade, adícase cada ano a un tema que sirva como eixo para o deseño de futuras políticas transversais.

A benvida á Casa de Cultura do Carballiño correu a cargo do presidente local do PP da vila do Arenteiro, Argimiro Marnotes.

A alcaldesa de Cartelle e senadora, Carmen Leyte, analizou o obxecto da Escola de Verán dos populares ourensáns, «un evento que se consolidou con cada edición como un dos eventos fundamentais da política ourensá de cada verán», e agradeceu expresamente á coordinadora de Igualdade do PPOU, María Antonia Rilo, pola organización e coordinación da escola deste ano.

De feito, Carmen Leyte abundou en que, se ben a igualdade existe de facto como dereito fundamental, na realidade queda un treito para acadar esa necesaria igualdade «real». Como alcaldesa, lembrou que as alcaldías de mulleres aínda son un exemplo do que queda por facer nesa igualdade real. Ademáis, Carmen Leyte recalcou que o papel da muller será determinante para loitar contra a despoboación no rural, «un dos problemas máis grandes que temos na provincia».

Pola súa banda, Rosendo Fernández analizou que o PPOU persegue manter vivo o recordo de Miguel Ángel Blanco, o seu exemplo, para non esquecer aquel vil asasinato terrorista froito do totalitarismo máis contrario aos dereitos fundamentais e liberdades cidadás. Pero ademáis, a escola sirve como elemento dinamizador da política ourensá, un foro no que analizar e participar nos fundamentos polítocos dos populares.

A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella expuxo o relatorio “Dez anos da Lei 1/2204, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero”. No comezo da súa exposición, quixo facer unha lembranza a María Luisa Fuertes, a veciña de Verín vítima de violencia de xénero asasinada este ano en Ourense, así como á muller asasinada en Crecente xunto á súa parella, incidindo en que «case sempre esquecemos que os nenos son tamén vítimas de violencia de xénero».

Calificou de «problema estructural» a lacra da violencia de xénero, en ningún caso de partidos nin moito menos de índole política. O dato de 1006 mulleres asasinadas en España dende 1999 «é un dato terrible que nos debe facer reflexionar». «É un tema de Estado no que os partidos debemos estar unidos e dacordo», e de aí a necesidade de optimizar políticas públicas no ámbito da violencia de xénero, cunha importancia fundamental no ámbito local, e coa implicación do poder xudicial e das forzas e corpos de seguridade do Estado. Pero, sobre todo, incidindo especialmente na Educación, co fin de evitar que dende idades tempranas reproduzan actitudes machistas. Do mesmo xeito que tamén é necesario coidar os chamados «micromachismos» nos medios de comunicación, co tratamento informativo de determinadas actitudes.

A sensibilización e a formación é, pois, unha ferramenta fundamental para sentar as bases da erradicación desta lacra social dende as idades máis tempranas, recalcou López Abella.

A xornada rematou cunha mesa redonda baixo o título “Conciliación da vida persoal, profesional e familiar”, na que participaron César Manuel Fernández Gil (presidente local do PP de Ribadavia); Ana María Villarino Pardo (alcaldesa de Oímbra) e Sofía Godoy Gómez-Franqueira (concelleira de Asuntos Sociais, Sanidade, Muller e Igualdade, Xuventude e Voluntariado do Concello de Ourense)

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar