El Festival Celtibérico de Bandas de Gaitas celébrase en Manzaneda o 26

Rosendo Fernández_gaiteiros de Galicia_Cataluña e Navarra_ VI certáme celtibérico de gaitas_Foxo

Gaiteiros de Galicia, Cataluña e Navarra participarán os vindeiros 25 e 26 de xullo na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda no VI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas «Memorial Gabino García», un evento promovido pola Deputación de Ourense e organizado polo Concello de Manzaneda coa colaboración da Xunta de Galicia e Oca Nova Manzaneda.

O Pazo Provincial acolleu esta mañá a presentación do evento, un certame que a Deputación de Ourense ven organizando dende o ano 1991, inicialmente como Campionato Provincial de Bandas de Gaitas, logo como Campionato Nacional de Bandas de Gaitas, posteriormente como Liga Galega de Bandas de Gaitas e dende hai catro anos como Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.

O acto contou coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez; o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, e o director xeral de Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmartín.

Xosé Lois Foxo destacou do programa que o día 25 terá lugar a celebración da «Noite Celta», na que actuarán a Banda de Gaitas do Centro Galego de Navarra, «Lapsus Gaita», as Cantareiras da Real Banda, «Pol Lari & Meritxell Bayarri, e a Real Xuvenil. O día 26, entre as 11.00 e as 14.00 horas, terá lugar o certame coa participación das bandas «Flariz», de Monterrei, «As Xuncos», de Xunqueira de Espadanedo, as Bandas de Gaitas dos concellos de Verín, Riós, Vilariño de Conso e Manzaneda e a da Carballeira. O evento rematará coa entrega de diplomas e medallas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar