Comezou o Festival de Ortigueira

Cartel 31 festival de OrtigueiraA trixésimo primeira edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira comezou onte e continuará ata o domingo. A organización presenta o cartel o evento, que chega con Budiño, Cristina Pato e mais a acordeonista irlandesa Sharon Shannon como cabezas. Canda a eles, pasarán polo escenario Xabi Aburruzaga, Finnegan-McSherry Project e Capercaillie.

A estas propostas súmase o desfile de Bandas de Gaitas no que participarán formacións como o franceses Bagad Beuzeg, os escoceses The Vale e a Escola de Gaitas de Ortigueira, entre outras. A estas propostas sumaranse, como non, os gañadores do Proxecto Runas para grupos emerxente, no que compiten nesta xeira cinco proxectos.

Os galegos Andrés Penabad e Alén de Ancos, os irlandeses Gabriel G. Diges Bans e Perfect Friction e mais a madrileña JDC&Band optan a se incorporar ao cartel do evento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar