Alfonso Rueda destaca en Mariñán a importancia de coordinar as competencias en Xustiza

Alfonso Rueda_xornada de verán Mariñán co presidente do TSXG

O Vicepresidente, Alfonso Rueda, destacou está mañá o papel fundamental das Comunidades Autónomas no eido xudicial que acadan a imprescindible flexibilidade para garantir a verdadeira unidade e igualdade na prestación do servizo xudicial en todo o Estado, e ao mesmo tempo resaltou a importancia da coordinación entre as diferentes administracións con competencias en Xustiza.

O vicepresidente, Alfonso Rueda, participou hoxe nunha mesa redonda sobre “As relacións entre o Ministerio de Xustiza, Comunidades Autónomas e Consello Xeral do Poder Xudicial”, no marco da Escola de Verán do Poder Xudicial, que ten lugar estes días no Pazo de Mariñán.

O número dous da Xunta destacou a importancia da necesidade da cooperación entre os tres poderes do Estado español, e resaltou que o Poder Xudicial necesita unidade para ser eficaz, para ser xusto e para ser fiable, polo que a intervención de distintas administracións na prestación do servizo de xustiza permite a flexibilidade, que é a clave para poder construír ese modelo único capaz de adaptarse a unha diversidade de territorios dende as comunidades autónomas uniprovinciais a comunidades como Galicia ou Andalucía, con máis de 40 partidos xudiciais.

O modelo descentralizado non só trae maior flexibilidade senón maior capacidade de innovación, polo que para que o servizo chegue coa mesma calidade a todos os cidadáns do noso Estado, temos que asumir que a prestación do servizo non pode ter idénticas características ou idénticas necesidades en escenarios tan diferentes. Na mesma liña, incidiu que contar cunha unha pluralidade de axentes involucrados na mellora da xustiza supón, unha plataforma cun enorme potencial para producir avances no eido xudicial que se pode trasladar a todas as CC.AA, polo que só a descentralización e a pluralidade permiten esta posibilidade.

Tanto as Comunidades coma o Ministerio e o Poder Xudicial manteñen unha boa coordinación que se reflicte na toma de decisións que afectan ao conxunto da cidadanía e que fan os avances máis potentes son os que se fan xuntos, polo que que é necesario unha coordinación cara uns obxectivos comúns, con novas ideas e propostas diferentes para lograr eses obxectivos.

Galicia atópase entre unha das poucas comunidades que están investindo máis en xustiza hoxe, que o que se facía antes da crise, en concreto, preto dun quince por cento máis respecto ao 2009. Neste sentido, os xulgados galegos teñen un saturación dez puntos inferior a media española. Pois, segundo destacou o vicepresidente, a xustiza é un servizo básico e, aínda en épocas de constrición presupostaría, merecía o esforzo que non tivo en épocas anteriores. Mais agora, que estamos nun tempo de recuperación económica, é o momento de reivindicar a xustiza como inversión de futuro e como proxecto de país, e colocándoa no centro da axenda política deste novo tempo.

Neste sentido, Rueda incidiu no traballo que se está a realizar, na mellora do sistema xudicial galego, a través da posta en marcha de varias vías de traballo de xeito coordinado cos axentes xudiciais. Por unha banda, estase a traballar no impulso da mediación intraxudicial para desconxestionar os xulgados, estendendo nestes anos o servizo a catro cidades: Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, que se suman ao que xa existía na capital, e ás que este ano se sumará unha máis, A Coruña.

Por outra banda, a dotación de medios tecnolóxicos para a axilización e interconexión é outra das principais liñas de traballo que se está a realizar no marco do Plan Senda, para a integración das TIC na Xustiza, no que se destinaron máis de vinte millóns de euros nos últimos catro anos. Ademais, Galicia é a primeira Comunidade Autónoma en traballar no expediente xudicial electrónico, en colaboración co Ministerio.

No remate da mesa, o vicepresidente expresou a necesidade dunha maior capacidade na toma de decisións no ámbito da planta xudicial, dotando as distintas comunidades de máis voz neste eido, posto que son as propias comunidades as que teñen un coñecemento máis directo e real das necesidades.

Na mesa redonda desta mañá, tamén participaron Enrique Arnaldo, letrado das Cortes Xerais e profesor de Dereito Constitucional; e Francisco Caamaño, ex-ministro de Xustiza e catedrático de Dereito Constitucional.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar