Feijóo destaca en Madrid «a honestidade imperturbable» dos que axudan a facer «una Galicia mellor»

Feijóo_Día de Galicia en Madrid_2015_2

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou o “traballo diario e honestidade imperturbable” das persoas que axudan a facer “unha Galicia mellor”, naceran ou non nesta comunidade, pois “non fai falla ser galego para amar Galicia, nin fai falla ser galego para defendela, apoiala e engrandecela”.

Feijóo outorgou, durante a celebración do Día de Galicia en Madrid, as distincións que entrega anualmente a Casa de Galicia a persoas que, desde as súas respectivas responsabilidades, colaboran con este organismo. Todos eles forman parte “dese amplo grupo de galegos, de nacemento ou de adopción, que honrades a Galicia, que facedes da vosa tarefa diaria unha ferramenta para recuperar os mellores valores da nosa terra”.

Os galardoados proveñen do mundo da Xustiza (o maxistrado do Tribunal Supremo Cándido Conde-Pumpido), das Forzas e Corpos de Seguridade (o xeneral da Garda Civil Gregorio Francisco Guerra), da diplomacia (os embaixadores dos EUA e Xapón, James Costos e Kazuhiko Koshikawa, respectivamente), da Administración (o ex subsecretario de Interior Juan José Izarra e o ex secretario de Estado de Seguridade Ricardo Martí), das Artes (o escultor Santiago de Santiago), da Medicina (o urólogo Luis Miguel Falcón), dos medios de comunicación (a presentadora Silvia Jato e os xornalistas Victoria Prego e Lois Caeiro) e da Universidade (o presidente da Fundación Universitaria San Pablo CEU, Carlos Romero, e a profesora de Dereito Civil María Fátima Yáñez).

 

Feijóo_Día de Galicia en Madrid_2015_1

“Por cada persoa que decepcione o por cada situación que preocupe a un dos nosos compatriotas, hai moitos máis exemplos, en calquera faceta e disciplina, que poden devolverlle a seguridade á nosa terra”, dixo o presidente da Xunta. “No noso mundo a verdade non desaparece —concluíu—, é un tesouro que garda cada galego bo e xeneroso”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar