Turismo de Galicia pon en marcha os trens turísticos da Ruta do Viño

Tren turístico da ruta doa pazos e os viños_turismo de Galicia

`Galicia, a todo tren’. Este é o programa de trens turísticos de Galicia que pon en marcha un verán mais Turismo de Galicia e que inicia a Ruta do Viño do Ribeiro-Rías Baixas, entre Ourense e Arbo, e a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos, entre Santiago de Compostela e Vigo. Ademais, tamén circulará o tren da Ruta dos Faros, entre Ferrol e Ribadeo, e por segunda vez o tren das Rutas dos Viños de Valdeorras e da Ribeira Sacra.

O Tren da Ruta do Viño do Ribeiro-Rías Baixas parte da estación de Ourense para achegarse a Arbo, onde os viaxeiros visitarán unha adega e o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea de Arbo. Logo, haberá unha visita á vila de Ribadavia e ao mosteiro de San Clodio de Leiro. Pola tarde, tras visitar este mosteiro, os viaxeiros trasladaranse ao castro de San Cibrán de Las. Máis tarde, visitarase a estación de Santa Cruz de Arrabaldo e o seu museo que acolle distintas coleccións. De aquí partirase cara a estación de Ourense, onde rematará a viaxe.

 

TREN DA RUTA DOS PAZOS

Canto ao tren da Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, parte da estación de Santiago de Compostela e fai a primeira parada en Vilagarcía de Arousa para que os viaxeiros poidan visitar o Pazo de Rubiáns e a súa contorna, recoñecida como ‘Xardín de excelencia internacional de camelias’. Logo, o tren dirixirase cara á estación de Arcade e desde aí, os viaxeiros trasladanse ata Soutomaior para visitar o pazo do mesmo nome, cuxo xardín tamén conta coa distinción de excelencia internacional de camelias. E, desde Soutomaior a Vigo para visitar o Pazo de Quiñones de León onde os ocupantes do tren poderán contemplar o seu xardín e admirar o ‘matusalén dos camelios’, situado nesta contorna.

OUTRAS OFERTAS

Ademais do tren turístico do Ribeiro-Rías Baixas, funcionarán os trens turísticos da Ruta dos Faros, entre Ferrol e Ribadeo, que circula todas as fins de semana do programa e que está completo ata o 15 de agosto, e o tren da Ruta do Viño de Valdeorras e Ribeira Sacra, entre Ourense e A Rúa. Os trens turísticos de Galicia estarán en servizo entre os meses ata setembro, en sete rutas distintas: Faros, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Valdeorras-Ribeira Sacra, O Ribeiro-Rías Baixas e Pazos e Xardíns Históricos. Pódese consultar o calendario dos trens turísticos de Galicia na páxina web de Turismo de Galicia así como na da compañía ferroviaria RENFE, onde tamén se poderá reservar o billete.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar