Plantón da industria lactea á Xunta e ao sector

Xuntanza sector lácteo_con plantón da industria

 

As industrias lácteas non acudiron á reunión á que estaban convocadas este venres en Santiago con sindicatos, distribución e Xunta co fin de buscar solucións para mellorar a situación do sector, no que produtores reciben baixos prezos polo seu leite e están baixo ameaza de non recollida.

Así, o único representante da industria que asistiu a esta cita foi o propietario de Leite Río, Jesús Lence, quen se mantivo na súa posición de seguir sin recoller a produción aos gandeiros que non cumpran os requisitos mínimos de calidade que establece.

Tras case tres horas de reunión, os principais sindicatos agrarios galegos mostraron a súa «frustración» pola falta de avances na xunta e por que a industria nin sequera quixera acudir ao encontro.

Ademais, sinalaron que durante o encontro ofrecéronse datos nos que se observa que en Galicia existen 2.571 «contratos lixo» a gandeiros, con prezos por debaixo de 26 céntimos, segundo cifras de abril.

Pola súa parte, a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, volveu avogar por realizar un plan estratéxico no que se teña en conta a todo o sector, á vez que informou de que só «un 1,37%» da produción en Galicia está por debaixo de 20 céntimos o litro, uns 500 produtores.

 

«PULSO» DA INDUSTRIA

Pola súa banda, o secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, dixo que lles «preocupa» que a industria non acudira a esta reunión ante a situación de centos de gandeiros que recibe prezos «moi por debaixo» dos custos de produción, á vez non se achega unha solución «inmediata».

Así mesmo, agradeceu a posición de «diálogo» da distribución, dado que a este encontro sí que foron representantes de Carrefour, Gadisa, DIA ou Eroski, fronte a un «plantón» das industrias que «non se entende» e que lle parece «unha falta de respecto» a produtores e Administración.

Neste sentido, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, criticou «o plantón» da industria, «que é algo sen precedentes», ante o que espera que «haxa consecuencias», e que identifica con que queren «botar un pulso» á Administración.

Xunto a isto, o líder de UU.AA. sinalou que a reunión pon ás claras a necesidade de dar un paso máis na interlocución política».

Así as cousas, a líder do Sindicato Labrego, Isabel Vilalba, afirmpu que hai unhas reivindicacións «inmediatas» como a recuperación de prezos «ruinosos», a recollida de todas as granxas e un marco con mediación sen imposición unilateral das industrias, pero nesta reunión na Consellería de Medio Rural non houbo «ningunha solución»

LENCE NON QUERE NEGOCIAR CON ORGANIZACIÓNS DE PRODUTORES

 

Así mesmo, os sindicatos aseguran que a argumentación da calidade que mantén Leite Río para non recoller «non se mantén por ningún lado» e, con ela, «preténdese lexitimar o incumprimento de contratos». Ante isto, Roberto García remarcou que só deixa a vía de «actuación xurídica» e esixir a Administración que «actúe con contundencia».

Con todo, Francisco Bello apuntou que Lence «está a reconducir a situación» de case 30 gandeiros de Rodeiro aos que Leite Río deixou de recoller por non cumprir requisitos de graxa.

Sobre esta cuestión, Roberto García recriminou que Lence «non tivo ningún empacho» en admitir ante a conselleira de Medio Rural que «parte do problema é que se negaba a negociar cunha organización de produtores».

E é que García lamenta que a Administración incentiva que sexan as organizacións de produtores lácteas as que negocien, mentres que hai un empresario que «decide polo seu capricho» deixar de recoller porque só lle valen «gandeiros individuais ou cooperativas», porque «é máis doado impoñer» as súas condicións.

«E iso sae gratis; mentres esas situacións se permitan, non só non resolvemos, senón que imos a peor», censurou Roberto García. Á saída da reunión, Jesús

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar