Concentración de vecinos de Crecente e Arbo una semana despois do doble crime

Concentración veciños Crecente e Arbo una semana despois do doble asasinato dunha parella no coche

Veciños dos concellos de Crecente e Arbo (Pontevedra) concentráronse na mañá deste venres, cando se cumpre unha semana dende que foron achados os corpos sen vida da parella, Beatriz e Sergio, nun coche en Arbo, para trasladar a súa absoluta «repulsa e condena» polo crime e manifestar «con rotundidade» o seu rexeitamento a calquera manifestación de violencia de xénero.

A primeira concentración tivo lugar en Crecente ás 12,00 horas, a onde acudiron decenas de persoas, veciños e achegados das vítimas, que se mostraron visiblemente afectados polo acontecido.

Todos os presentes gardaron cinco minutos de silencio, que concluíron cun longo aplauso. Tras iso, unha veciña e amiga da familia da muller falecida, que tiña unha filla de oito anos –en común co único imputado, Arturo D.S., que permanece en prisión provisional– leu un comunicado condenando a «lacra da violencia de xénero».

O discurso finalizou ao berro de varias persoas de: ‘Nunca máis’, e deseguido os alcaldes e membros da corporación das dúas localidades pontevedresas acudiron a abrazar e dar o seu apoio a familiares e amigos dos falecidos. Posteriormente a comitiva desprazouse ata a praza do Concello de Arbo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar