Incendian tres colectores de lixo na mesma rúa de Vigo

Efectivos de Bombeiros de Vigo extinguiron na madrugada deste martes tres incendios declarados en senllos colectores de lixo, todos eles situados na mesma rúa.

Os bombeiros recibiron os avisos por lume ao redor das 1,30 horas, ás 3,00 horas e ás 4,00 horas.

Segundo indicaron, todos os incendios foron declarados en colectores da mesma rúa da cidade olívica, concretamente na Rúa Padre Seixas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar