Un conductor accidentado facilita a súa situación por whatsapp

Os Bombeiros do Eume excarceraron esta mañá ao condutor dun turismo que se saíu da vía cando circulaba pola AP-9 ao paso polo concello de Pontedeume, punto quilométrico 16, en sentido Ferrol.

Segundo relataron os efectivos do parque comarcal, o vehículo saírase da vía uns 10 metros cara unha pista de terra e envorcara.

Foi o propio implicado no accidente o que alertou por whatsapp da sua posición ao 112 Galicia, minutos antes das 9:00 horas da mañá de hoxe, indicando que estaba ferido, atrapado e desorientado, xa que dicía que o accidente debíase a que se quedara durmido mentres conducía. Así, o CAE 112 Galicia pediu a intervención de Urxencias Médicas, que mobilizou unha ambulancia ata o punto, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Pontedeume, ademais dos Bombeiros do Eume.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar