O Festival de Ortigueira, do 16 ao 19

Cartel 31 festival de OrtigueiraA trixésimo primeira edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira desembarcará nesta vila entre o 16 e o 19 de xullo. A organización presenta o cartel o evento, que chega con Budiño, Cristina Pato e mais a acordeonista irlandesa Sharon Shannon como cabezas. Canda a eles, pasarán polo escenario Xabi Aburruzaga, Finnegan-McSherry Project e Capercaillie. A estas propostas súmase o desfile de Bandas de Gaitas no que participarán formacións como o franceses Bagad Beuzeg, os escoceses The Vale e a Escola de Gaitas de Ortigueira, entre outras.

A estas propostas sumaranse, como non, os gañadores do Proxecto Runas para grupos emerxente, no que compiten nesta xeira cinco proxectos. Os galegos Andrés Penabad e Alén de Ancos, os irlandeses Gabriel G. Diges Bans e Perfect Friction e mais a madrileña JDC&Band optan a se incorporar ao cartel do evento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar