O servizo de axuda no fogar verase incrementado en Lugo

Elena Candia_xuramento_promesa como presidenta da Deputación de Lugo_PROVISIONAL

A Deputación de Lugo incrementará nun 70% os fondos provinciais para o Servizo de Axuda no Fogar, ao aumentar a partida prevista para 2015 dende os 700.000 euros contemplados polo bipartito ata os 1,2 millóns de euros.

Isto suporá que se duplicaráo financiamento para o Servizo de Axuda no Fogar con respecto ao que destinaba o goberno anterior a comezos do último mandato. Así, dos 600.000 euros orzamentados polo anterior executivo para 2012, o novo goberno provincial achegará 1,2 millóns de euros.
Para a presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, “este acto de xustiza cos veciños e veciñas de toda a provincia” beneficiará, por unha banda, aos usuarios e, pola outra, aos Concellos. Deste xeito, as persoas que reciben o servizo poderán ver reducida a súa achega económica ao ser a Deputación Provincial quen asuma en maior medida a contía. Paralelamente, os 66 municipios poderán ter máis fondos propios liberados ao recibir máis recursos públicos provinciais para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar.
“Con esta decisión o que conseguimos son catro melloras: o incremento no número de usuarios do SAF, a rebaixa da contía que aportan para o financiamento do servizo, a redución das listas de espera e a mellora doutros servizos sociais fundamentais que se presten nos municipios”, explicou CandiaAdemais, esta decisión do novo goberno provincial provocará que a Deputación de Lugo estea en condicións de asumircase o 70% da contía solicitada polos Concellos para este servizo, fronte ao 23% que financiaba o organismo a inicios do anterior mandato.

 

 
Por outra banda, Candia detallou que se trata “dunha medida longamente demandada polos Concellos da provincia” e á que agora atenderá o novo goberno, no marco da “nova maneira de facer política” que emprendeu a Deputación de Lugo con outras decisións como a subasta do vehículo oficial do anterior presidente.
Así mesmo, indicou que “estamos diante dunha das cuestións nas que máis insistimos no anterior mandato dende a oposición e, polo tanto, agora dende o goberno é un acto de coherencia e responsabilidade o adoptar esta decisión”.

 

RECURSO DO ANTERIOR GOBERNO PROVINCIAL

Ao mesmo tempo, a presidenta da Deputación de Lugo lembrou que o TSXG desestimara na súa integridade o recurso interposto polo anterior goberno provincial contra o Decreto de Servizos Sociais 99/2012 ao considerar na súa sentenza de 21 de xaneiro de 2015 que o devandito documento legal “está axustado a dereito”.
Nese senso, Candia amosouse “satisfeita” de poder cumprir coa medida anunciada hoxe o Decreto de servizos sociais, que “é moi claro” no seu artigo 31 sobre a competencia das administracións provinciais, ao sinalar que “as Deputacións Provinciais apoiarán prioritariamente o financiamento do SAF básico aos Concellos de menos de 20.000 habitantes”.
Así mesmo, a presidenta da Deputación destacou que esta mesma sentenza indica que “existe unha obriga por parte da Deputación, que é xuridicamente esixible perante os tribunais para financiar de forma significativa e preponderante o SAF básico dos Concellos de menos de 20.000 habitantes”, polo que se comprometeu a analizar a viabilidade de asumir e saldar “nos vindeiros exercicios” as débedas contraídas pola Deputación Provincial nos anos anteriores “ao ter desatendido as súas obrigas con usuarios e Concellos” en relación ao SAF básico.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar