O San Xoán e o Dia das Letras serán os festivos autonomicos en 2016

O calendario laboral galego para 2016 incluirá como festivos propios o Día dás Letras Galegas, 17 de maio, martes; e o 24 de xuño, San Xoán, venres; toda vez que no próximo ano o 1 de maio, xornada na que se celebra o Día do Traballador, e o 25 de decembro, coinciden en domingo, polo que foron substituídos polas outras dúas xornadas.

Anunciouno o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, tras presidir o Conselo da Xunta que analizou o informe que recolle a proposta do calendario laboral para o próximo ano. Posteriormente, terá que ser aprobado por decreto. Todo iso de acordo á lexislación vixente, que fixa un máximo de 14 festivos anuais. Deles, dous son elixidos polos concellos.

Dos 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles (1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro), mentres que outros tres festivos poden ser substituídos polas comunidades autónomas.

Galicia, tradicionalmente, non cambia estes festivos, xa que son o 6 de xaneiro, o Xoves Santo, e o 25 de xullo, Día de Galicia. No próximo exercicio mantéñense tamén.

En todo caso, se algún dos nove festivos nacionais de carácter obrigatorio cae en domingo, a comunidade pode substituílos ou ben polo luns seguinte ou por outro día que fixe. Este é o caso en 2016 do 1 de maio e do 25 de decembro.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar