A ponencia do PPdeG suma 150 achegas da sociedade civil a través de Internet

 

 

Ponencia_achegas pola web PPdeG_Partido Popular de Galicia

Acceso ás propostas, ponencia.ppdegalicia.com 

A Ponencia do PPdeG suma 150 achegas da sociedade civil tras máis de 30 reunións con asociacións e colectivos de todo tipo que quixeron achegarse á formación para ofrecer ideas, suxerencias e críticas construtivas.

As consignas de apertura e contacto directo coa sociedade presiden o traballo do equipo redactor nesta etapa de elaboración da Ponencia.  De feito, durante estas semanas percibiron o interese da cidadanía galega por participar nesta nova etapa do PPdeG.

Así, o PPdeG percibe este contacto intenso como algo que debe trascender desta fase de elaboración da Ponencia Política para manterse no tempo a partires de agora.

REUNIÓNS DO EQUIPO REDACTOR

En canto ás reunións mantidas por membros do equipo redactor, podemos diferenciar dous tipos: aquelas que están a ter lugar con colectivos e ás que se celebran cos representantes do partido nos diferentes partidos xudiciais.

No tocante ás reunións con colectivos, que se continúan producindo, lévanse celebradas máis de 30 nas catro provincias. De feito, a día de hoxe, os membros do equipo redactor xa puideron escoitar as achegas de colectivos tan diversos como son colectivos de xornalistas, ecoloxistas, asociacións de deportistas, de vítimas de accidentes, de persoas que padecen algunha discapacidade, de representantes sindicais ou mesmo de xente do ámbito da cultura.

No ámbito interno, os membros do equipo redactor asistiron a reunións con representantes do partidos da práctica totalidade dos partidos xudiciais galegos.

Ademais, os membros do Grupo Parlamentario Popular de Galicia canalizaron ao equipo redactor as súas achegas. Deste xeito, todos os estamentos do partido e dende todos os ámbitos territoriais están trasladando ao equipo de redactores a súa visión e as súas ideas para mellorar o presente e o futuro do PPdeG.

AXENDA INTENSA

A axenda dos membros do equipo redactor da Ponencia está sendo intensa durante as últimas semanas. De feito, hoxe mesmo haberá varias reunións en Ferrol, Burela e Vigo con diferentes colectivos que amosaron o seu interese por aportarlle as súas achegas ao PPdeG.

Pola súa banda, mañá, o coordinador do equipo, José Manuel Rey Varela, reunirase na capital de Galicia coa Federación de Confrarías de Pescadores da Coruña e cos membros do Clúster Turismo de Galicia.

Do mesmo xeito, os membros máis mozos do equipo redactor –Javier Dorado e Juan Francisco López Prieto- recibirán a vindeira fin de semana as achegas de Novas Xeracións de Galicia de cara á intensificar a presencia de mozos na vida do partido e rexuvenecer a marca PP.

A partir da próxima semana o equipo de redactores compaxinará a continuación das reunións con colectivos coa redacción do texto que o partido presentará durante este mes de xullo.

CONTACTO A TRAVÉS DE INTERNET

Así, o PPdeG puxo a disposición de quen quixera facer achegas  diferentes canles de participación a través de internet. Por unha banda un enderezo de correo electrónico, ponencia@ppdegalicia.com, un formulario na web principal do partido  e os seus perfís en redes sociais, ponencia.ppdegalicia.com 

Estas ferramentas, que continúan abertas e funcionando, están amosando un resultado satisfactorio para o partido tanto no eido cuantitativo como, sobre todo, no cualitativo. O balance é moi bo. Así, lévanse recibido preto de un cento de aportacións. Algunhas delas centradas nun tema, outras multidisciplinares, que na súa totalidade están sendo estudadas polos membros do equipo redactor da Ponencia.

MENSAXE ENTENDIDO

O PPdeG entendeu o mensaxe das urnas. Así, dende o pasado 24M está levando a cabo un traballo intenso seguindo unha folla de ruta  autoimposta que pasa por intensificar o contacto coa rúa e actualizar o ideario do partido.

O tempo está a demostrar que o PPdeG está no certo cando di que outros partidos celebran derrotas estrepitosas e dependen permanentemente de partidos minoritarios.

Fronte ao inmobilismo doutras formacións o PPdeG ofrece traballo. O obxectivo é manter a confianza daqueles que votan ao PPdeG, voltar a ser a mellor opción para aqueles que non nos votaron nin nas pasadas europeas nin nas municipais e representar unha opción confiable para aqueles que non nos votaron nunca.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar