A Policía realiza un novo rexistro na Deputación de Lugo

Deputación de Lugo_fachada

Axentes da policía xudicial, acompañados da secretaria do Xulgado de instrución número 1 de Lugo, cuxa titular é Piar de Lara, irromperon de novo este xoves na Deputación de Lugo para requirir documentación.

Segundo apuntan fontes provinciais, a entrada produciuse sobre as 11,00 horas e ante a ausencia da presidenta, a popular Elena Candia, foron atendidos polo vicepresidente e exalcalde de Sarria, José Antonio García.

Pasdas as 13,00 horas a policía xudicial permanecía nas dependencias provinciais e atopábase en concreto na secretaría provincial, onde os axentes conseguiron «algunha caixa –de documentación– para levarse».

As mesmas fontes sinalan que se requiriron contratos laborais dende 2003, ademais de devolver documentación da ‘Operación Polbo’, en relación ao proxecto ‘quilómetro 0’. A estas oficinas tamén se dirixiu a comitiva xudicial.

Así as cousas, a investigación céntrase no anterior goberno provincial, presidido polo secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

A institución provincial pasou a mans dos populares nos pasados días, nun pleno no que o voto do alcalde socialista de Becerreá foi determinante — primeiro por si mesmo e logo en branco — .
OUTROS REXISTROS

Este novo rexistro en demanda de documentación sucede despois de outros como o de novembro do pasado ano, no que axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) entraron na Deputación por orde de Piar de Lara e realizaron envorcados informáticos e recollida de documentación sobre o programa de visitas ‘Km 0’ e outras actividades.

Anteriormente, en maio de 2014, o Xulgado de Instrución número 1 de Lugo desprazou tamén a axentes policiais á Deputación para requirir un envorcado informático na unidade de proxectos, no marco da investigación polo desvío de miles de euros nas obras da piscina e o polideportivo de Monterroso.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar