Morre un camioneiro en accidente de tráfico en Castelo do Val

Accidente mortal Castrelo do Val Un camioneiro perdeu a vida ao sufrir un accidente de tráfico, sobre o mediodía deste mércores, co vehículo que conducía por a OU-113, á altura do municipio ourensano de Castrelo de Val. O camión, que transportaba area, saíuse da vía por razóns que non transcenderon. Ao lugar foron mobilizados unha ambulancia asistencial, o helicóptero do 061 e persoal sanitario do centro sanitario de Castrelo do Val. O condutor do camión, un home de 47 anos, e que responde á identidade de J.M.S., faleceu no lugar do accidente, segundo informou o 061. Por outro lado, a posición na que quedou o camión, obrigou a intervir aos efectivos dos Bombeiros de Verín, que liberaron a vítima, aínda que non se puido salvar a súa vida, segundo recolle a Central de Atención ás Emerxencias no seu segundo parte da xornada. Ademais dos efectivos sanitarios e dos bombeiros, tamén foron mobilizados membros do Grumir de Laza e axentes da Garda Civil de Tráfico de Ourense. O impacto deixou, ademais, algúns restos que comprometían a seguridade da vía, polo que dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia tamén se pediu a colaboración do servizo de limpeza e mantemento da Consellería de Territorio.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar