Xela Arias, Carballo Calero e Manuel María, candidatos ás Letras Galegas

 

Xela Arias Castaño, Ricardo Carballo Calero e Manuel María serán os candidatos entre os que o pleno da Real Academia Galega decidirá o homenaxeado no Día dás letras Galegas 2016.

A institución académica desvelou as candidaturas que conseguiron os avais este venres e anunciou que o plenario se reunirá o próximo 4 de xullo para tomar unha decisión sobre a figura á que dedicará as Letras do próximo ano, e que se fará pública ese mesmo día.

Estas tres figuras xa foron candidatas durante o proceso do que resultou elixido Xosé Filgueira Valverde como homenaxeado de 2015, e que suscitou certa polémica entre un sector da sociedade galega.

A traxectoria de Xela Arias Castaño (1962-2003), falecida con só 41 anos de idade, estivo marcada pola súa obra poética e tradutora, formando parte do primeiro equipo de Edicións Xerais. Dos seus textos e publicacións, destaca a edición do seu poemario ‘Tigres coma cabalos‘, unha obra que xerou impacto no panorama literario galego no ano 1990.

O ferrolán Ricardo Carballo Calero (1910-1990) destacou, pola súa banda, polo seu carácter polifacético. Licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras, primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da USC, secretario do Seminario de Estudos Galegos e defensor do reintegracionismo, adiouse tanto ao ensaio, coma á narrativa, a poesía ou o teatro.

Pola súa banda, a vida de Manuel María (1929-2004) caracterizouse tanto por unha extensa obra poética coma polo seu profundo compromiso político co nacionalismo galego e a recuperación da cultura galega na clandestinidade, durante o franquismo. Os temas dos seus textos abordan dende a voz existencialista e o amor, ata o compromiso social e político. Foi colaborador de Burla Negra e a plataforma Nunca Máis tras a catástrofe do «Prestige».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar