Castelao será obxecto de homenaxe o Día das Artes Galegas

 

Castelao

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrou este sábado sesión ordinaria na súa sede da Coruña, na que decidiu o nome da personalidade que será homenaxeada en 2016 no Día das Artes Galegas: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Despois das votacións, os académicos escolleron o político, escritor, pintor, debuxante, médico e pai do nacionalismo galego (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950). O plenario aprobou por aclamación a proposta.

Para a Academia resulta «moi importante destacar en todo momento que se fai en función dos extraordinarios méritos artísticos da obra de Castelao».

Ademais, xustifica esta decisión sobre a base do esforzo teórico e achegas creativas de Castelao para divulgar a dignificación de Galicia e as súas formas de expresión a través do Seminario de Estudos Galegos, do grupo Nós ou, mesmo, nos seus inicios, «usando todos os medios posibles como as aulas e sociedades pontevedresas».

O 1 de abril é o día sinalado pola Real Academia Galega de Belas Artes para festexar esta efeméride, co obxectivo de sensibilizar á sociedade do valor patrimonial da cultura de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar