Festas no compostelán barrio de San Pedro

Festas no barrio de San Pedro_Santiago

Onte,  mércores,  comezaban as Festas do Barrio de San Pedro, que celebran a súa duodécima edición, cun concerto para todos os públicos de Paco Nogueiras e a estrea de Teatro Carauta nos Arcos de Bonaval a obra ‘Traballos de amor perdidos’, de Shakespeare.

Para hoxe, xoves,  de 18 a  20 horas na Praza da Angustia poderemos asistir ao obradoiro de canto visual con Ana Senra e Galensigna “Eu teño unha vaca marela”. Ás 19 horas a Escola Municipal de Música da cidade realizará un concerto na Praza de San Pedro. E ás 21h Teatro Carauta volve con Shakespeare nos Arcos de Bonaval. E pechamos a noite cunha foliada tradicional cos grupos Leña Verde, Tres Pesos e Trébede Pandereteiras na Praza 8 de marzo

A Comisión de Festas do Barrio de San Pedro quere informar de que nesta ocasión procedeu a contratar a iluminación cunha empresa certificada, logo de manter unha xuntanza co novo Goberno do Concello no que este amosou dispoñibilidade para afrontar o problema e se comprometeu a buscar unha solución a longo prazo segura, para toda a cidade e para todo tipo de entidades.

A comisión de festas está convencida de que se trata dos festexos máis populares da cidade, organizadas pola Comisión de Festas do Barrio de San Pedro coa colaboración da Asociación Veciñal A Xuntanza, os Comerciantes do Barrio de San Pedro e os veciños e veciñas. Nelas colaboran máis de 150 voluntarias que fan posible máis de 75 actividades de todos os xéneros en cinco días días. 

Mais información en http://fbsp.info

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar