Recollidas 120 toneladas de lixo nas praias da Coruña tras o San Xoán

Lixo en Riazor_Orzan polo San Xoán

O dispositivo de limpeza despregado nas praias dende primeira hora deste mércores recolleu, ata as 14.00 horas, un total de 120 toneladas de lixo procedentes da noite de San Xoan, segundo informou a concelleira de Medio Ambiente, María García.

Os equipos, formados por 110 profesionais, comezaron as súas labores ás 6.00 horas da madrugada e cara ás 12.00 horas a Praia de Riazor quedaba aberta ao público.

En canto ao vidro, recolléronse nos colectores dispostos en todo o paseo marítimo un total de 3.200 quilos deste material. Os servizos sanitarios atenderon 237 persoas, 127 por queimaduras.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar