Nova edición do evento ecuestre Equina 2015

Silleda_Rueda_equina 1

O evento ecuestre Equina 2015,  que  se celebra no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, contou coa visita do vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente da Fundación Semana Verde de Galicia, Alfonso Rueda, quen presenciou as saídas a pista dalgúns exemplares e entregou varios galardóns nas súas competicións centrais.

Así, no Concurso Internacional Morfofuncional de Cabalos Españois de Galicia –ANCCE entregou o galardón ao primeiro clasificado da sección 12, correspondente a cabalos de 7 e máis anos, o cal recaeu en Gracioso D, da Yeguada Swen Uwe, de Xinzo de Limia (Ourense). En canto á competición de cabalos árabes, o  III Concurso A.E.C.C.A de Galicia, Alfonso Rueda entregou os premios aos dous clasificados da clase “poldros de 2 anos”, sendo o primeiro clasificado o exemplar J.L Darwin, propiedade de Javier Lapido Casal (Brión), e o segundo Rap Kalifa, propiedade de Tino Vázquez Latas, da Yeguada Lucus Gemelos (Santa María de Bóveda- Lugo)

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar