Avances no Plan social contra a desigualdade económica

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidirán a segunda xuntanza do grupo de traballo interdepartamental para avanzar no paquete de medidas do Plan social contra a desigualdade económica. Na sala de xuntas da Consellería de Traballo e Benestar (edificio administrativo de San Caetano).  foto xoán crespo 19/06/15O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiron unha nova xuntanza do grupo de traballo interdepartamental encargado de avanzar na concreción do Plan social contra a desigualdade económica, anunciado o pasado xoves polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Os membros do grupo de traballo seguen avanzando as medidas que se incluirán no plan para posteriormente remitirllo a entidades sociais e concellos, abrindo un diálogo para seguir definindo novas actuacións, mellorar as existentes e iniciar un traballo conxunto co obxectivo de chegar a todos os colectivos en situacións de vulnerabilidade ou risco de pobreza.

O plan busca ampliar o “colectivo diana” das políticas de inclusión e prestar unha especial atención a aqueles casos que presenten carencias, aínda que conten cun emprego ou mesmo superen os límites de ingresos familiares que establecen prestacións como a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA).

INCLUSIÓN SOCIAL

En definitiva, o obxectivo deste Plan é continuar avanzando na loita contra a exclusión social, facendo especial fincapé na prevención destas situacións. O documento está deseñado de acordo cos obxectivos que establece a Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020, aprobada en decembro con 300 medidas concretas e un orzamento de máis de 520 millóns de euros.

Precisamente, a Estratexia recollía medidas específicas para familias con menores ao seu cargo en situación de risco, ou monoparentais, que constitúe tamén un dos colectivos prioritarios deste Plan social. Entre outras propostas de actuacións, destaca o establecemento dun anticipo das axudas de inclusión social para adquirir produtos de primeira necesidade destinado a axudar a estas familias.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar