Tres detidos tras cortar 200 metros de cable de cobre en Allaríz

A Guardia Civil de Allariz detivo tres individuos tras ser sorprendidos despois de cortar 200 metros de cable de cobre nas obras do AVE na zona de Tosende.

Segundo informaron fontes próximas á investigación, ás 20,00 horas do martes foron detidos P.G.B., de 42 anos; C.G.L., de 30 anos, e C.G.M., de 32 anos.

Os individuos foron detidos como presuntos autores dun delito de roubo con forza ao ser sorprendidos no interior dun túnel das obras do AVE en Tosende tras cortar 200 metros de cable de cobre.

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 3 de Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar