Buscan aos agresores que ataron a dous homes na sua casa de Santiago

 

   A Policía Nacional da Comisaría de Santiago de Compostela busca varios individuos que ataron e agrediron dous homes nun piso na capital galega.

Pasadas as 20,00 horas do martes a Policía Nacional foi alertada por veciños da Avenida de Lugo da presenza de dous homes atados as mans que pedían axuda dende un balcón.

Os axentes trasladados ao lugar accederon á vivenda «a mazazos», segundo sinalaron as mesmas fontes, xa que os homes estaban atados e amordazados e non podían abrir a porta.

Ademais, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e outra medicalizada para atender aos agredidos, G.V.C., de 31 anos, e A.P.R., de 29 anos, que recibiron asistencia no lugar polas contusións que presentaban, segundo sinalaron fontes sanitarias.

DROGAS

Fontes próximas á investigación, que dirixe a Policía Xudicial en colaboración coa Brigada de Estupefacientes, fundamentalmente, sinalaron que, polo menos, unha das persoas que buscan, identificada polos agredidos, ten antecedentes.

A Policía Nacional da Comisaría de Santiago baralla un móbil relacionado con drogas, en concreto con estraperlo de estupefacientes, como posible motivo da agresión.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar