Os aeroportos de Santiago e A Coruña gañan pasaxeiros

Lavacolla_cola_2

Os aeroportos de Santiago e A Coruña rexistraron no mes de maio un incremento de máis de 15.000 pasaxeiros con respecto ao ano anterior, mentres que o aeródromo de Vigo se situou en cifras negativas, perdendo un 10 por cento.

Segundo os datos feitos públicos este venres por Aena, o aeroporto de Santiago rexistrou no quinto mes do ano un total de 195.418 pasaxeiros, un 5,9 por cento máis que en maio de 2014, mentres que en de A Coruña foi utilizado por 86.290 pasaxeiros, un 5,3 por cento máis.

Pola contra, o aeroporto de Vigo rexistrou en maio 53.529 pasaxeiros, case 6.000 usuarios menos que hai un ano, un 10 por cento de baixada.

En datos acumulados, dende xaneiro un total de 796.515 pasaxeiros empregaron o aeroporto de Lavacolla –un 5,9 por cento máis–, fronte aos 398.604 de A Coruña –4,6 por cento máis– e os 245.979 de Vigo –un 3,7 por cento menos– .
VOOS E CARGA

En canto ás operacións, o aeroporto de Peinador rexistrou en maio 827 voos, un 5,5 por cento menos, mentres que Santiago albergou 1.731 –un 2,9 por cento menos– e A Coruña acolleu 1.340, en datos similares a hai un ano.

O aeródromo de Lavacolla transportou durante o quinto mes do ano máis de 173 toneladas de mercadoría –un 3,2 por cento menos–. Pola contra, Peinador creceu neste índice un 9,1 por cento, ata os 34 toneladas de carga; e A Coruña fíxoo un 45 por cento, ata as 8,6 toneladas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar