Recoñecemento aos ximnastas ourensáns Daniel Pérez e Alejandro Cid, campións de España

Baltar_ximnanstas ourensáns campións de España
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial aos ximnastas ourensáns Daniel Pérez Morales e Alejandro Cid Masid, do Club As Burgas, que veñen de proclamarse campións de España na modalidade de doble minitramp, competición que tivo lugar a pasada fin de semana en Valladolid. Os deportistas estiveron acompañados na recepción pola súa adestradora, Isaura Hermida, e polo asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González. O presidente do goberno provincial felicitou a Daniel Pérez (campión de España absoluto) e Alejandro Cid (campión de España junior e campión por equipos) «polo excelente nivel exhibido na competición» e agradeceulles seu esforzo e sacrificio, «un orgullo para Ourense por acadar este éxito tanto a nivel individual como por equipos, parabéns que Manuel Baltar fixo tamén extensivo ao Club As Burgas pola motivación e profesionalidade coas que desenvolve a súa labor deportiva.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar