14 cooperativas galegas promocionarán os seus productos en «Salimat 2012» en Silleda

Salón Salimat_Silleda
Edición de Salimat do ano pasado.

O Consello Galego de Cooperativas estará presente na 38ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia, dentro do 19º Salón de Alimentación del Atlántico, ‘SALIMAT 2015’, que se celebrará do 11 ao 14 de xuño no recinto feiral de Silleda.

No stand institucional participarán diversas sociedades representativas do sector cooperativo galego que exporán os seus produtos co obxectivo de impulsar as relacións institucionais na Eurorrexión e mellorar a promoción e a comercialización.

En concreto, acudirán as 14 seguintes cooperativas galegas: Productores del Campo de Capela, Condado Paradanta, Mel Flor do Xallas, Verín-Biocoop, Vicogalo, Monte Cabalar, Cogal, Pulponor, Anaco, Hortoflor, Bodegas Eidosela, B.C. Jesús Nazareno, Viña Moraima y B.C. Virgen de las Viñas.

Cómpre destacar que este ano contarase cun apartado específico dedicado á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, concentrado especialmente no apoio á creación de emprego e ao impulso dos servizos de información e asesoramento.
Doutra banda, as cooperativas expositoras tamén poderán asistir aos ‘Encontros Internacionais de Negocio’ que terán lugar os días 11 e 12, o que lles permitirá contactar de forma planificada coa distribución alimentaria, tanto española como doutros países, con grande atractivo comercial. Darán a oportunidade de abrir mercados no exterior a través de reunións con importadores con interese real nos produtos.

Finalmente, o venres 12, a partir das 11,00 horas, celebrarase unha xornada técnica baixo o título ‘Cooperativas: abrindo mercados’, na que se fará un resumo dos resultados acadados polo proxecto Coopera+. Trataranse tamén os novos retos da comercialización e internacionalización das cooperativas e as novas perspectivas de financiamento comunitario.

Este proxecto persegue promover o sector da economía social en todo o territorio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar a súa presenza destacada no mesmo, priorizando as accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo.

A iniciativa está promovida pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, xunto con outros catro socios: Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega, a Cámara de Comercio de Vigo, a Associação Empresarial de Viana do Castelo e a Universidade Católica Portuguesa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar