AGE celebra con Syriza o resultado electoral

Alexandra Krasopoulou_Lidia Senra_Suryza_municipais 2015
A membro do Secretariado de Syriza en Tesalónica, Alexandra Krasopoulou, considerou que «o primeiro impacto» da «esquerda radical» en Grecia foi «o resultado das eleccións locais en España».»Estamos moi contentos e temos moita esperanza polo resultado que houbo en eleccións ás alcaldías de toda España», manifestou este sábado en Santiago, onde participou nun acto organizado polo grupo da Esquerda Unitaria Europea, no que participa a eurodeputada de AGE, Lidia Senra.Neste sentido, destacou que, cos resultados dos pasados comicios do 24 de maio, Syriza vai como «aquilo do que estivo a falar durante moitos anos» está «xustificado». «É dicir, que resolver o problema do pobo grego non é só algo que se ten que facer en Grecia, senón en toda a Unión Europea», indicou.Por iso, advertiu de que «os acredores», «os opoñentes de Syriza», teñen moito medo a que a esquerda radical «continúe empoderandose» en toda Europa» e que «partidos similares» gañen próximos comicios. «Agora veñen as eleccións en Irlanda, en España, en toda Europa», apuntou.»Vémonos reforzados nos nosos argumentos, xustificados, por crer noutra europa máis solidaria e democrática para pobo europeo,», resolveu.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar