Liñares, imputado por suposto abuso sexual

Fernández Liñares

A defensa do expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil Francisco Fernández Liñares, principal imputado na ‘Operación Pokémon’, pediu o arquivo da causa aberta contra el por suposto acoso e abuso sexual.

Así o manifestou tras transcender que a titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara Cifuentes, abriu dilixencias previas a raíz do testemuño de tres mulleres prestado no marco da ‘Operación Pokémon’.

O letrado Evaristo Nogueira manifestou que hai «varios meses» solicitaron «o sobresemento ao entender que non hai o máis mínimo indicio do delito que se lle imputa».

Deste xeito, a defensa de Liñares indicou que se atopa á espera de que «se»resolva o sobresemento e arquivo definitivo do procedemento». «Confío que sexa así porque non hai probas, nin o mero indicio», conclúe.

Ademais, insistiu en que «non hai conexión» deste procedemento co que se segue contra o tamén exconcelleiro socialista de Lugo na ‘Pokémon’ sobre o suposto cobramento de comisións pola adxudicación de servizos públicos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar