Exposición de Manuel Rodríguez López en Ponteceso

Manuel Rodriguez López_escritor de Lugo

Na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso vaise abrir ao público mañá, mércores, ás cinco da tarde, a exposición Manuel Rodríguez López , sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima edición.

A mostra forma parte do Proxecto Manuel Rodríguez López emprendido porGalicia Digital (www.galiciadigital.com) e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Real Academia Galega.

Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido en Paradela para logo
exponerse en Lugo – Museo Provincial- no San Froilán de 2013, e logo en Begonte, Paradela, Portomarín, Sarria, Vilalba, Santiago, A Coruña,
Barcelona e Madrid. E, no pasado mes de abril, de novo en Lugo na
Biblioteca Nodal. Despois de Ponteceso, onde permanecerá ata finais do presente mes, será instalada na Biblioteca Anxo Casal de Santiago de
Compostela.
Está composta por oito paneis dobles, nos que se reflicte de xeito moi
gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poetaobreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.
Na inauguración desta exposición na Fundación Pondal de Ponteceso
participarán representantes da Xunta de Galicia, da Fundación Eduardo
Pondal, a familia do escritor e responsables de Galicia Digital.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto