Manuel Baltar reúnese con representantes do deporte ourensán

Manual Baltar_encontro co deporte ourensán_eleccións municipais

A Deputación de Ourense asume o deporte como aposta prioritaria. Así o explicou esta mañá o candidato á presidencia da Deputacion, Manuel Baltar, na sede de O Afiador, ante os representantes de diferentes entidades e clubes deportivos de Ourense e aos que lles presentou as liñas básicas e actuacións concretas en materia deportiva do Plan Ourense 15-19.

Manuel Baltar inciciu en que esta aposta polo deporte asúmea na súa dobre vertiente: a canteira e os equipos de máximo nivel, ofrecendo neste senso ao COB a súa máxima colaboración para facer realidade un soño: a volta á élite do baloncesto europeo.

Acompañado do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, o candidato popular anunciou que porá en marcha a Mesa do Deporte Provincial como órgano de participación e axuda no no deseño das políticas deportivas do goberno de Ourense; e dispuxo a disponibilidade absoluta do goberno provincial a seguir avanzando en Copas Deputación, axudas a deportistas individuais, clubes e federacións, insistindo no importante papel que desempeña a mellor instalación deportiva da provincia: o Pavillón Paco Paz, propiedade da Deputación.

«O Deporte tamén é Ourense. Ourense é Deporte», recalcou Manuel Baltar na súa explicación das medidas concretas do seu programa de goberno, na que as axudas para contratar técnicos deportivos, escolas de iniciación deportiva, programas de mantemento físico para persoas maiores e o propio mantemento das infraestructuras centraron parte do encontro desta mañá.

As entidades e clubes participantes na reunión foron as seguintes:

Adas Barco (atletismo)
Cidade das Burgas F.S.
Club Ourense Baloncesto
Escudería Ourense
Federacion Atletismo
Federacion Baloncesto
Federacion Balonmano
Federacion Fútbol
Federacion Fútbol sala
Federacion Gimnasia
Federacion Hockey
Ourense C.F. (Ponte Ourense)
Pabellón C.F.
U.D. Barbadás
U.D. Ourense

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar