Transporte e servizos contraincendios, demandas do empresariado ao candidato Vázquez

Jesús Vázquez_municipais_xuntanza empresarios Polígon Industrial San Cibrán das Viñas

O candidato do PP á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, mantivo unha reunión de traballo con representantes do tecido empresarial dos parques de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Barreiros e a Tecnópole. A este encontro acudiron tamén os membros da candidatura Sofía Godoy, Jorge Pumar e Modesto González.
No encontro, o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, Elías Mera, reivindicou en nome de todos os asistentes as principais peticións dos empresarios do tecido industrial da área de influencia de Ourense: O transporte metropolitano e a coordinación dos servizos de extinción de incendios.
Elías Mera sinalou que os empresarios botan de menos unha acción conxunta firme das administracións nun servizo público básico como é o transporte. «Máis de 9.000 traballadores teñen que desprazarse en vehículo particular, a meirande parte deles catro veces ao día. Non podemos obviar que o transporte publico é un dos paradigmas dunha cidade saudable».
No tocante á coordinación dos servizos de extinción entre os concellos onde se ubican as industrias, Elías Mera recalcou que «extremar a seguridade é unha necesidade. Por iso tanto esto como o transporte metropolitano son dous servizos básicos para o óptimo funcionamento dos catro parques empresariais».

FOMENTAR A COMPETITIVIDADE DAS EMPRESAS

O candidato popular, Jesús Vázquez, recoñeceu a necesidade plantexada polos empresarios. Lembrou que o pasado venres mantivo unha reunión cos conselleiros de Presidencia e Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Alfonso Rueda e Ethel Vázquez, respectivamente, así como cos candidatos dos oito municipios implicados no transporte metropolitano. «Temos moi clara esta reivindicación e a nosa xestión servirá para adoptar decisións necesarias».
Jesús Vázquez recalcou que «é necesario fomentar a competitividade das empresas, dando apoio dende as diferentes administracións nunha cooperación institucional decidida e satisfactoria para os cidadáns». No que respecta á implantación do transporte metropolitano, Jesús Vázquez cifrou en 500 euros anuais o aforro que podería supoñer para cada traballador beneficiario do mesmo. «O transporte metropolitano é un pilar fundamental no noso programa electoral, é un compromiso que adquirimos dende o primeiro momento», proclamou Vázquez Abad, «e por iso é necesario eliminar as trabas existentes no Concello de Ourense, evitando tempos mortos e gañando en operatividade».
Con respecto á reivindicación sobre a coordinación dos servizos de extinción de incendios, Jesús Vázquez explicou que a análise da problemática do servizo municipal de bombeiros de Ourense pasa pola falta de efectivos (están actualmente 14 pode debaixo da ratio recomendada de mínimos para un servizo óptimo). Por iso puxo e manifesto a necesidade de articular unha estructura interna municipal coherente, reestructurando a actual. Nembargantes, sinalou que a cooperación da Deputación de Ourense e da Xunta será decidida para acadar esta ansiada cooperación de servizos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar