A xuventude debe ter unha atención prioritaria según o candidato Jesús Vázquez

Jesús Vázquez Abad_campaña

«O sector poboacional que máis me preocupa é a xuventude, á que coñezo ben da miña etapa de docente universitario. Ten unha gran preparación pero temos que darlle solución aos seus problemas, especialmente ao da empregabilidade», dixo o candidato á alcaldía polo Partido Popular, Jesús Vázquez.

O político popular propón un trato especial, «concreto e específico para os xoves orientado á xeneración de emprego dentro do Plan de Emprego Municipal que imos por en marcha porque non podemos manter estes niveis de paro entre os máis novos».

Ademais deste Plan de Emprego, o programa electoral do Partido Popular inclúe a posta en marcha do proxecto RAIOLA que está dirixido á mocidade ourensá e tenta dinamizar espazos en desuso da cidade vella coa creación de espazos creativos, talleres, niños de empresa e actividades vencelladas á cultura urbana e ás novas tecnoloxías.

Ademais da apertura inmediata da Casa da Mocidade do barrio da Ponte, o Partido Popular contempla a creación dun Carné Xove Ourense específico para a nosa cidade, o establecemento de acordos coa universidade e as empresas para melloralo fluxo de I+D+I e unha potenciación de todo o vencellado ás novas tecnoloxías como recurso de futuro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar