O Nobel da Paz Kailash Satyarthi visitará Galicia en maio

Kailash Satyarthi_premio Nobel da Paz

Kailash Satyarthi, Premio Nobel de la Paz 2014, realizará unha visita institucional a Galicia os días 7 e 8 de maio para participar en varias actividades organizadas por ABANCA. A iniciativa enmárcase dentro do seu compromiso estratéxico co fomento do emprendemento e coa súa contribución na creación dun futuro para a mocidade galega. Coa presenza do Nobel da Paz búscase promover o debate na sociedade galega, o sector privado e o terceiro sector, sobre o papel da educación no futuro dos mozos e a importancia dos principios éticos para lograr unha sociedade máis responsable e xusta.

O momento central da súa visita terá lugar na tarde do 7 de maio, no Palacio de Congresos da Coruña, onde o Nobel da Paz pronunciará unha conferencia aberta ao público e de carácter gratuíto. Durante o seu relatorio desenvolverá diferentes aspectos como a importancia de escoitar e apoiar aos nenos e mozos galegos xa que serán os líderes do mañá, a súa experiencia vital contra a utilización de nenas e nenos para traballos que non lles corresponden, e a necesidade de avanzar na construción dunha sociedade máis responsable. O aforamento para a conferencia é limitado e será necesario confirmar asistencia a través do teléfono do servizo de venda de entradas Ataquilla (981 900 561) e recoller posteriormente a entrada en calquera oficina de ABANCA ou nos despachos de billetes de Afundación.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar