O candidato do PP de Teo pide á Xunta máis obradoiros de emprego

José Manuel Guerra_conselleira Mato

O candidato popular, José Manuel Guerra, ven de manter unha xuntanza coa conselleira de Traballo, Beatriz Mato, ao obxecto de avaliar a posta en marcha en Teo das liñas de apoio á empregabilidade previstas polo departamento autonómico. A reunión, celebrada en San Caetano a finais da pasada semana, responde ao desexo da candidatura de Guerra de avanzar na proposta dun paquete de medidas integrais para as persoas en situación de desemprego residentes no municipio.

Acompañado por compañeiros de equipo responsables de asuntos sociais, José Manuel Guerra obtivo durante o encontro información de primeira man e o compromiso da titular de Traballo para organizar en Teo obradoiros de emprego unha interesante liña de acción ofertada pola Xunta que nunca foi solicitada polo goberno local durante a presente lexislatura. Asemade, o candidato valorou a oportunidade de ofrecer no municipio plans de acción formativa para persoas desempregadas, AFD.

José Manuel Guerra califica de “grave irresponsabilidade” que o goberno de Martiño Noriega teña deixado pasar oportunidades como estas para mellorar a empregabilidade en Teo “e contribuir dende o goberno local, en coordinación coa Xunta, a solucionar un problema que afecta a numerosas familias do municipio”. Cómo en plena crise o goberno de Anova nunca solicitou cursos quepuideran realizar as máis de 1.700 persoas desempregadas que houbo en 2013? Por que se permitiu que estas persoas tiveran que acudir a outros concellos ou á iniciativa privada para formarse?

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar