Renfe transportou 6.200 persoas na estrea do Eixe Atlántico de Alta Velocidade

Estrea Eixo atlántico de Alta Velocidade_AV_Alvia_andén estación
Renfe vendeu un total de 6.200 billetes na xornada do sábado, día no que arrancaron os servizos rápidos entre A Coruña e Vigo en trens S121 por vía de altas prestacións.

Diso informou nun comunicado, no que detallou que todos os servizos funcionaron «con normalidade» e se rexistrou «unha puntualidade do 100%» no intervalo de 10 minutos cunha «grande afluencia de viaxeiros» en todas as estacións do traxecto.

Así mesmo, recordou que puxo en marcha un servizo extraordinario de atención ao cliente –durante 15 días– nas estacións de maior afluencia para orientar aos viaxeiros sobre os horarios, a utilización das máquinas autovenda ou os novos servizos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar