Galicia e a Rexión Norte de Portugal reforzan o 112 transfronteirizo con fondos europeos

Rueda_Porto_programa Ariem_HZTALjpg

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da CCDR-N, Emídio Gomes, presidiron esta mañá en Oporto unha nova reunión do comité do Proxecto Ariem 112, cuxo punto principal foi a sinatura dun acordo entre os socios para a incorporación de dunha nova achega de 1,8 millóns de euros do o Programa operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP).

Este reforzamento económico que se vai a incorporar ao proxecto de cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias complementa outro anterior de 600.000 euros, acordado na última reunión de novembro do ano pasado; e que supón un recoñecemento á excelente traxectoria do Ariem 112 e permitirá seguir avanzando no seu obxectivo.

Rueda destacou que atopámonos nun “magnífico momento” das relacións entre Galicia e o Norte de Portugal, con numerosos proxectos e iniciativas que benefician no día a día aos cidadáns de ambos lados da fronteira. “O traballo conxunto para a captación de fondos europeos no novo marco financeiro 14-20 está a ofrecer grandes posibilidades no ámbito da cooperación transfronteiriza, tal e como demostra o propio Ariem”.

 

LOGROS DO INTERREG

Ademais desta inxección económica de Europa, na reunión tamén se informou da futura visita que se realizará ao CAE 112 Galicia con motivo dea reunión do Comité de Xestión do Programa Interreg V España – Portugal 2014-2020, que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro 7 de maio.

A visita ten por obxecto dar a coñecer as boas prácticas e os logros do Programa de cooperación transfronteiriza España–Portugal do anterior período, 2007-2013, e como mostra representativa do seu éxito seleccionouse, en atención aos logros obtidos, o proxecto Ariem 112.

A esta visita asistirán representantes da Autoridade de Xestión (Ministerio de Facenda), da Autoridade de Certificación (Axencia para o Desenvolvemento e Cohesión – Lisboa) e un representante da Comisión Europea, entre outras autoridades.

Finalmente, na reunión de traballo tamén se estudou a contratación de máis medios para atender ás emerxencias que se produzan en calquera lado da Raia, concretamente drons, unha cabeza tractora, unha aplicación de xeolocalización e un sistema de alertas masivas.

Ademais de Rueda, asistiron á reunión o director xeral de Emerxencias e interior da Xunta, Luis Menor, e representantes da Axega. Pola parte portuguesa, asistiron autoridades do Instituto Nacional de Emergencia Médica (INEM), da Seguridade Pública (PSP) de Oporto e da GNR; mentres que os representantes da Axencia de Protección Civil de Castela e León participaron a través de videoconferencia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar