O PP de Lugo presenta candidaturas nos 67 concellos da provincia

Barreiro_PP Lugo
O presidente provincial do PP de Lugo e portavoz do Grupo Popular no Senado, Jose Manuel Barreiro, informou hoxe que o Partido Popular de Lugo presentará candidaturas nos 67 concellos da provincia.

Barreiro quixo poñer en valor que as papeletas dos populares estarán presentes, unha vez máis, no cen por cen dos municipios lucenses á vez que deu por concluída a designación de todos os seus candidatos en todas as alcaldías da provincia.

O PP de Lugo renovou o 23% dos seus cabezas de lista e 41 dos candidatos designados son alcaldes que optarán á reelección. Completan este perfil 15 portavoces municipais, 7 candidatos que non formaban parte da corporación e 4 que na actualidade eran concelleiros. A presenza de mulleres encabezando unha lista medra con respecto ao ano 2011, ata superar o 13 por cento .

CONFIANZA DOS LUCENSES

Barreiro lembrou que na anterior cita coas urnas o PP confirmou a súa posición como forza hexemónica na provincia de Lugo despois de que preto do 50% dos lucenses apoiasen co seu voto a esta formación política.

Explicou tamén que as candidaturas populares gañaron en 50 dos 67 concellos da provincia (o 75% dos municipios) acadando 43 alcaldías. No cómputo provincial o PP obtivo 3.216 votos máis que os acadados por PSOE e BNG xuntos.

GARANTIR A ESTABILIDADE

Finalmente, como valoración, Barreiro lembrou que os populares convértense na única forza política con capacidade para garantir a confianza e estabilidade necesaria para de afianzar o proceso de recuperación económica e creación de novos postos de traballo e, de feito, a presentación de candidaturas en toda a provincia é proba delo.

Sinalou tamén que a experiencia dos gobernos locais é a traxectoria dos seus alcaldes é o mellor aval para renovar e incluso ampliar os seus apoios. Dixo que o PP quere seguir sendo forza de goberno na provincia e animou aos candidatos a saír á rúa, dar a cara, explicar o seu balance de goberno ou as razóns polas que o PP, aí onde non goberna, supón unha alternativa estable e digna de confianza.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar